Saltar para: Post [1], Pesquisa e Arquivos [2]



2015 » 03 OUTUBRO / CHARENTON CLUB / VIGO
 
Malcontent na estrada a promover "Riot Sound Effects", desta vez pela Galiza!
"Malcontent é un proxecto de Portugal que seguro que vos sorprende, un proxecto de rock que quere soar por todo o mundo. Desde 2006 a banda empezou a deixarnos algúns temas máis que interesantes. Aínda que no ocaso de 2014 deixáronnos Riot Sound effects, o momento de inflexión foi Erased en 2012, aínda que son só 4 temas, nese momento a banda mostra a súa forza e demóstranos o que pode facer. Se nos referimos ao son en conxunto, o trío ten moita forza e chega a emular a unha banda de 5 compoñentes, no seu último traballo demostran a forza da producción. Cancións como 35 Blues, unknown song e Broken faces mostran a realidade do son potente e escuro, o traballo da produción mostrado por Álvaro Ramos é exquisito, conseguiron mostrar nunha especie de cápsula o son dos pedais, dunha batería no seu sitio e dun baixo e unha parte vocal postas no seu sitio, nos seus tons. Recomendo ir escoitando aos poucos cada disco, enlazar e descubrir o que poden facer, unha banda como esta, potente, directa e clara que está a sorprender. Son unha banda madura con case 10 anos como formación e iso é algo de agradecer, aínda que as súas influencias condensan 20 anos de grupos do espectro máis rock e noise, temos no seu propio son a mocidade e frescura dos grupos da escena musical actual, xa que saben mesturar estilos e sons. Se queres empezar por un single, One more second farache bailar e conectar sen andrómenas." - j-musind.blogspot.com.es
 

www.malcontent.com.pt 
www.facebook.com/malcontentofficial
www.charenton.club
 

Autoria e outros dados (tags, etc)